A Liga continúa o martes e o mércores na Radio Galega

0
6

Santiago, 15.06.2020.- O fútbol entra nas dez últimas xornadas da Liga. O martes e o mércores, a Radio Galega ofrece desde as 19:00 h ata as 22:00 horas edicións de ‘Galicia en goles’ para contar o que suceda nos partidos dos nosos equipos.

O martes, desde o Anxo Carro, Andrés Vieites retransmitirá o Lugo – Zaragoza. A vitoria en Santander permitiulle ao equipo que prepara Curro Torres escapar dos postos de descenso. O seu rival é un candidato ao ascenso que acaba de perder na casa ante o Alcorcón.

Xa o mércores, a atención estará posta no Valladolid – Celta, de Primeira, e no Oviedo – Deportivo, de Segunda. A derrota en Balaídos ante o Vilarreal obriga ao cadro vigués a puntuar no Zorrilla, fronte a un rival que o sábado gañaba en Leganés. Mentres, o Deportivo xoga un encontro de 4 puntos no Carlos Tartiére, xa que os dous están igualados nos postos perigosos e o golaverage particular vai depender do que suceda nesta xornada.

Baixo a dirección de Paco Santos, a audiencia do ‘Galicia en goles’ poderá seguir as retransmisións pola FM, TDT, radiogalega.gal, aplicacións como Radioplayer España e polos altofalantes Alexa.

…………………………….

Fuente Crtvg.es