A Liga LEB será protagonista a última fin de semana do ano na oferta deportiva dos medios públicos galegos

0
6

Santiago, 27.12.2019.-    O deporte non descansa a última fin de semana do ano nos medios públicos galegos, que centrarán a súa atención nos compromisos dos equipos galegos na 15ª xornada da Liga LEB Ouro e que tamén se deterán no mundo do motor, cunha edición especial do programa ‘En Xogo Todo Motor. Trata de Arrancalo’ o sábado ás 17.00 h, cun resumo do ano.

Ás 19.00 h, a G2 e a web da CRTVG ofrecerán en directo o partido Leche Río Breogán – Club Ourense Baloncesto, o segundo derbi consecutivo que afronta o equipo lucense, que a semana pasada se impuxo con claridade ao Leyma Coruña e é xa cuarto na clasificación da Liga LEB. Pola súa parte, o conxunto ourensán, oitavo clasificado, perdeu na última xornada contra o B The Travel Branda Mallorca – Palma.

Xa o domingo, a pelota volverá rodar no parqué do Palacio dos Deportes de Riazor, onde o Leyma Coruña se enfrontará, a partir das 18.00 h, ao Cáceres Patrimonio da Humanidade. Os coruñeses chegan á cita tras encaixar unha dolorosa derrota ante o Leche Río Breogán, que lle sacou 42 puntos de vantaxe. Mentres, os estremeños teñen como obxectivo poñerlle fin á súa mala serie de resultados, tras dúas derrotas consecutivas pola mínima.

Fuente Crtvg.es