A limusina de ‘Non lle chames amor’ chega hoxe a Santiago para falar de fantasías sexuais

0
21

Os espectadores descubrirán os segredos dunha parella de 70 anos para manter viva a relación durante tanto tempo e coñecerán unha rapaza con moitas ganas de conversar sen tabús

A limusina de 'Non lle chames amor' chega hoxe a Santiago para falar de fantasías sexuais

Santiago, 28.09.2022-    A bordo dunha limusina, o novo programa da TVG ‘Non lle chames amor’ (23.25 h) seguirá hoxe percorrendo Galicia para, a través de conversas interxeracionais, coñecer a realidade sexual que viven os galegos e galegas. Nesta ocasión, a psicóloga e sexóloga Raquel Graña falará cos seus convidados/as sobre fantasías sexuais e ensinará como diferenciar o concepto de desexo sexual.

‘Non lle chames amor’ ficará hoxe en Santiago de Compostela para coñecer de primeira man a historia de Eduardo e Junda, unha parella de 70 anos que contarán os seus segredos para manter viva unha relación de tanto tempo.

Os espectadores tamén coñecerán a Ismael, un mozo moi simpático, transparente e libre, que explicará como se identifica, e a Jéssica, unha rapaza moi faladora e atrevida con moitas ganas de falar de sexo sen tabús.

Fuente Crtvg.es