A limusina de ‘Non lle chames amor’ colle hoxe rumbo a Ourense para conversar sobre o amor e o namoramento

0
9

Os protagonistas serán, entre outros, un xubilado que se declara moi activo sexualmente e unha parella de amigas dispostas a falar sen pelos na lingua

A limusina de 'Non lle chames amor' colle hoxe rumbo a Ourense para conversar sobre o amor e o namoramento

Santiago, 05.10.2022.-    A TVG ofrece este mércores unha nova entrega de ‘Non lle chames amor’ (23.15 h), un programa atrevido e divulgativo sobre sexo presentado pola psicóloga e sexóloga Raquel Graña, que percorre Galicia a bordo dunha limusina para conversar sobre emocións, sobre sentimentos e sobre experiencias sexuais.

Nesta ocasión, ‘Non lle chames amor’ falará sobre o amor e o namoramento. A limusina do programa collerá rumbo á cidade das Burgas para coñecer a Carlos, un xubilado de 67 anos que se declara moi activo sexualmente e a quen a vida lle deu una segunda oportunidade.

Raquel Graña tamén falará con Laly e Lourdes, unha parella de amigas que, a pesar da súa idade, veñen dispostas a falar de sexo sen pelos na lingua. David, o terceiro convidado, é un mozo único cheo de cor que explicará a importancia de aprender a coñecerse a un mesmo.

Fuente Crtvg.es