A ‘maliciosa’ Noelia Rey e o versátil Paco Lodeiro revolucionan o ‘Land Rober Tunai Show’ esta noite

0
30

Ambos profesionais da Galega deberán superar divertidos desafíos, que Roberto Vilar e Eva Iglesias lles teñen preparados

A 'maliciosa' Noelia Rey e o versátil Paco Lodeiro revolucionan o 'Land Rober Tunai Show' esta noite

Santiago, 20.10.2021.-  Dúas das caras máis queridas da Televisión de Galicia chegan este xoves ao ‘Land Rober Tunai Show’ (21.55 h) coa idea de revolucionar xuntos o programa. A ‘maliciosa’ e divertida Noelia Rey, que cambiará esta noite o noticiario ‘Malicia noticias’ polo estudio deste espazo, e o extraordinario Paco Lodeiro van ser protagonistas dunha edición chea de retos. E Eva Iglesias e Roberto Vilar terán moito que ver, xa que terán cadanseu desafío preparado para eles.

O presentador de ‘Atrápame se podes’ vai experimentar na súa propia pel o que senten os concursantes do seu programa. Pero ollo!, o bote decidirao o público do programa!

Público que terá tamén moito traballo por diante nunha nova entrega de ‘Marisquetes’. Polo xeito de comer o marisco descubrirase quen non é galego!

Amais, esta semana volverá Dosinda ao ‘Land Rober Tunai Show’, e virá con problemiña incluído… Algo lle pasa coa banca electrónica!

Fuente Crtvg.es