A mellor comedia sobre as táboas chega este domingo a Ourense co equipo de ‘Malo Será!’

0
28

O programa (23.20 h) contará coa participación de Pablo Meixe como convidado de excepción e de Iván Davila como talento local

A mellor comedia sobre as táboas chega este domingo a Ourense co equipo de 'Malo Será!'

Santiago, 30.10.2022.-    O equipo de ‘Malo Será!’ chega este domingo ao Auditorio Municipal de Ourense nunha nova entrega do programa conducido por Lucía Regueiro. Hora e media da mellor comedia sobre as táboas que contará coa participación de Pablo Meixe como convidado de excepción.

O novo talento da cidade das Burgas estará representado nesta ocasión por Iván Davila, nun programa en que os espectadores asistirán a un concurso xaponés e coñecerán novas teimas de Chiruca. Non faltará a música en directo, coa que gozarán os espectadores desde o patio de butacas e ao outro lado da pantalla.

Fuente Crtvg.es