A morte de Luz causa este domingo un fondo pesar en ‘Serramoura’, particularmente entre os Fiúza

0
19

Marga recibe unha carta onde a propoñen para un novo destino, pero un acontecemento imprevisto modificará as súas prioridades (22.30 h)

A morte de Luz causa este domingo un fondo pesar en 'Serramoura', particularmente entre os Fiúza

Santiago, 27.09.2020.-   A presenza de Corso en ‘Serramoura’ non facía presaxiar nada bo e os seguidores da serie comprobarán esta noite que así foi. A morte de Luz causou un fondo pesar para toda a vila e en particular para os Fiúza. Román non quere saber nada do seu pai, a quen responsabiliza da morte de Luz, e Evaristo, en shock polo acontecido, só ten un obxectivo: acabar no cárcere.

Mentres tanto, Roi segue adiante investigando o caso de Moisés. O primeiro obxectivo é descubrir o significado das cruces que atopou no fogar do desaparecido, algo que non será doado e que requirirá a colaboración de Patri.

Ao mesmo tempo, Marga recibirá unha carta onde a propoñen para un novo destino. Aceptará a oferta e marchará de Serramoura? Marga sabe que chegou o seu momento, pero cando todo parecía volver á normalidade, un acontecemento imprevisto modificará as súas prioridades.

Fuente Crtvg.es