A morte de Marga separa a familia Neira en "Serramoura"

0
122

Santiago, 02.04.2017.-  Tras o tráxico desenlace do último capítulo, coa morte de Marga, “Serramoura” convértese nunha vila en que os criminais sementan o caos, perturbando a vida de todos os veciños. A taberna é un lugar escuro, onde funciona o trapicheo sen que ninguén sexa quen manter a orde. Os Neira están a revivir a dor que pasaron coas outras traxedias da familia, pero cada quen polo seu lado. Raquel marchou con Ramón para a cidade e Moncho non consegue erguer o ánimo.

No cuartel, a situación tamén se volveu dramática. Tomás deixou o corpo e Diego está de baixa, polo que Quique é o único que segue adiante facendo o que pode por manter o pouco prestixio que lle queda ao posto de mando. As cousas tampouco pintan mellor no serradoiro. Os clientes deixaron de lado a dona Teresa e as débedas comezan a asfixiar os poucos recursos cos que conta. A única que parece recuperar o estatus é Gloria. O seu negocio para montar unha nova empresa está gustando aos inverstidores, e seguro que coa axuda de Mateo sairá adiante.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here