A movida dos 80 e a música tradicional galega enfróntanse hoxe en ‘A miña familia pola túa’ con dous modos de vida opostos

0
35

Intercambiarán as súas familias Sonia, que traballa como ‘sanadora’ e tarotista, e Begoña, amante do deporte e da natureza, en cuxa casa se fabrican instrumentos de modo artesanal

A movida dos 80 e a música tradicional galega enfróntanse hoxe en 'A miña familia pola túa' con dous modos de vida opostos

Santiago, 19.02.2020.-  Dúas familias opostas. Uns, amantes da música dos 80, e outros, da música tradicional galega. Así son os protagonistas desta semana do programa da TVG ‘A miña familia pola túa’ (22.25 h).

Begoña vive co seu fillo Miguel e a súa parella Eduardo en Ponteareas. Eduardo traballa nun obradoiro de gaitas onde fabrica de modo artesanal estes instrumentos, ao igual que o fixeron o seu avó e o seu pai, e véndeos a través de Internet. Para esta familia, a música tradicional galega forma parte da súa vida diaria. Tanto Begoña como Eduardo son moi aventureiros, namorados do deporte e do contacto coa natureza e practican todo tipo de deportes de risco. Como será a convivencia cunha muller á que lle produce pánico levantar os pés do chan? Que pasará cando descubran que a ‘nova nai’ que os visita non é en absoluto tradicional?

Pola súa parte, Sonia e o seu marido Ángel defínense así mesmo como dous tolos da música da década dos 80 e así intentan transmitirllo á súa pequena de tres anos, Betsabé, ensinándolle as cancións e organizando coa nena festas temáticas con disfraces no salón. Ángel é músico de profesión e foi guitarrista do grupo que acompañaba o cantante Tino Casal; na súa casa aínda conserva moitos recordos daquela época. Pola súa parte, Sonia gaña a vida como ‘sanadora’ e tarotista, é unha muller moi sensitiva que practica distintas técnicas de meditación. Aceptará Begoña estas rarezas? Conseguirá converter esta familia tan especial en tradicional? Poderá convencer este músico da Movida para que aprecie o son das gaitas?

Fuente Crtvg.es