A música, a apicultura e o contacto dos nenos cos animais centran as historias do rural de ‘Cos pés na terra’

0
11

O programa dá a coñecer esta noite as historias de esforzo e tesón de tres galegos que apostaron por vivir e crer no campo

A música, a apicultura e o contacto dos nenos cos animais centran as historias do rural de 'Cos pés na terra'

Santiago, 20.06.2021.-   Televisión de Galicia ofrece esta noite unha entrega de ‘Cos pés na terra’ (22.50 h), programa que dá a coñecer as apaixonantes historias de esforzo e tesón das persoas que cren no campo. Nesta ocasión, da man de Germán, un músico establecido no rural, o programa coñecerá a bo ritmo como é o seu día a día rodeado de animais, vexetais e, como non, dos instrumentos máis sofisticados.

O espazo visitará tamén a Noe, monitora da granxa-escola de Belelle, lugar perfecto para que os pícaros se poñan mans á masa e tomen contacto coas criaturas máis populares de Galicia.

Por último, ‘Cos pés na terra’ atoparase con Fernando, un abelleiro entre abellas que levará os espectadores polos carreiros que conducen á sabedoría apícola.

Fuente Crtvg.es