‘A nova aldea’, proposta documental da G2 esta noite, que se achega a distintas maneiras de emprendemento no rural

0
17

Santiago, 21.6.2022.-   A G2 ofrece este martes ‘A nova aldea’ (23.25 h), documental dirixido por Carlos Oro, con música de Sergio Pena, que se achega a distintas maneiras de emprendemento no rural. Neste senso, a produción desta noite recolle a aposta de gandeiros e agricultores que escollen un xeito diferente de desenvoler o seu traballo, a través de cinco momentos.

A primeira historia, que leva por lema ‘O sabor das raíces’, ten como protagonistas a Eloi e Pilar, dous agricultores de Reboredo que fan o seu traballo de xeito totalmente artesanal e ecolóxico. Séguenlle ‘As novas relacións’, con Marta, Carmela, Chusa e Xaquín, catro mulleres que levan unha explotación gandeira dun xeito diferente; ‘Milhulloa S. C. Galega’, onde a farmacéutica Chusa e a bióloga Carmela, coa axuda de Xaquín, montaron unha empresa de plantas medicinais e aromáticas, deshidratado de hortalizas e froitas, nunha aldea en pleno Camiño de Santiago; ‘Ideas que crean cultura’, con Antonio e Rosa, dedícanse a recoller algas e a vendelas por todo o mundo, e por último en ‘Ao natural: cuestión de principios’, o documental se achega a emprendedores do rural que traballan de xeito ecolóxico e con razas autóctonas, aínda que aplican ao seu negocio as novas tecnoloxías vendendo os seus produtos a través da Internet.

‘A nova aldea’ é unha coprodución da TVG con OFF Films de 2008, que conta co apoio da Xunta de Galicia.

Fuente Crtvg.es