A paixón polo seu traballo une os protagonistas da dobre entrega de ‘Cos pés na terra’

0
11

Santiago, 31.08.2020.-  ‘Cos Pés na Terra’ (21.55 h), un programa onde homes e mulleres demostran que hai futuro máis alá das cidades e amosan a súa opción inequívoca de quedar no campo, pon na primeira entrega rumbo a Aranga, onde coñecerá a Alberto, un gandeiro que vai onde faga falta con tal de ter ben atendidas as súas vacas, e que conta co apoio dos mellores ‘socios’: a súa familia. Con Pilar, o espazo da TVG aprenderá como tratar a terra de xeito natural, pero aínda máis importante, que non hai maior fertilizante que a felicidade. E, por último, dará forma aos coñecementos de cantería dos espectadores no taller de David, onde descubrirá que un canteiro tanto pode facer unha talla coma restaurar un muíño.

Na segunda emisión deste luns, o programa volve hoxe á escola da man do mestre Tonecho, unha escola en que os sabores se atopan nos invernadoiros, nas viñas e ata nos cumios das árbores. ‘Cos Pés na Terra’ tamén coñecerá a Kala, toda unha campioa dando leite grazas a que foi coidada desde a infancia co amor fraternal dos seus criadores, Juanjo e Rosana, gandeiros afanados en daren a coñecer os seus animais ao mundo moderno. Por último, o programa visitará a Xosé Manuel no seu viveiro, un lugar onde atender as árbores, as plantas e o teléfono.

Fuente Crtvg.es