A partir deste sábado, a TVG amosaralles aos espectadores, persoas, obxectos e lugares que son algo ‘Único’

0
11

Santiago, 13.05.2022.-    Cando a paixón se desborda, dá lugar a historias e persoas moi interesantes. Esta é a premisa do novo programa da TVG ‘Único’ (18.50 h), cuxo presentador, Camilo Lesta, destapará cada semana os motivos desa paixón achegándose a lugares singulares, descubrindo obxectos moi orixinais e coñecendo as anécdotas de persoas únicas. Os seus mundos nalgúns casos espertarán a admiración dos espectadores, noutros, a sorpresa, e moitas veces provocarán sorrisos.

No primeiro programa, ‘Único’ visitará este sábado a Ricardo Pérez y Verdes, un coleccionista de xogos e deportes tradicionais que ten os seus tesouros en Ponteceso. Outro dos protagonistas será José Luis Chantrero, que colecciona obxectos que lle regalan os amigos, como aparellos de radio ou chaveiros.

Pola súa parte, Félix Costas fai naves espaciais con materiais reciclados e transformou a súa casa de Gondomar nunha base aérea, e Alfonso Otero Regal, o artista viveirense, ten unha das mellores coleccións galegas de pezas de cerámica.

Fuente Crtvg.es