A potente voz de Ruth Lorenzo e o funk de Brais Morán soarán este sábado no programa ‘Bamboleo’

0
16

Santiago, 03.11.2022.-     O programa ‘Bamboleo’ contará hoxe con Ruth Lorenzo, unha das voces máis potentes do país. Interpretará en directo algúns dos temas que conforman o seu último disco, que constitúe un canto á liberdade.

Brais Morán será outro dos convidados desta noite no ‘Bamboleo’, onde presentará un avance do seu próximo disco, en que o funk é o ritmo estrela, con temas como ‘Nasaufunk Mameluca’. Ademais, os ritmos da orquestra Triunfo amenizarán a festa deste sábado pola noite.

No tempo dedicado ao baile profesional, Alberto e Melani, bailaríns de Cee, ofrecerán unha exhibición de bachata e outra de merengue, disciplina en que se proclamaron subcampións do mundo en Varsovia.

Mentres, en ‘A Jrileira’ competirán dous clubs deportivos: A Peroxa Club de Fútbol e o Cesures Fútbol Sala. En primeiro lugar, cantarán ‘Sabor de amor’, de Danza Invisible, e despois terán que adiviñar o maior número posible de intérpretes no tempo establecido.

Na ‘ITV do Amor’, un participante do público deberá adiviñar quen é a parella de Pablo en función das respostas de tres amigas. Os colaboradores do programa, Isi, Damián, Tamara e Javier Varela, serán partícipes desta proba, analizando cada comentario que poida dar algunha pista.

Fuente Crtvg.es