A presentadora Inma Morandeira únese hoxe aos 'Larpeiros', que realzarán o porco celta como protagonista indiscutible

0
9

Santiago, 21.05.2019.- Nestes últimos anos, Galicia ten unha nova estrela no ceo dos seus grandes produtos: o porco celta. É por iso que acordarse del de cando en vez é case obrigado no programa ‘Larpeiros’ (22.00 h.) e hoxe Leni irá visitar uns amigos que crían algúns dos máis fermosos exemplares.

Mentres, na casa gozarase da visita de Inma Morandeira, presentadora de televisión e gran lambona (con pouca idea de cociña, pero moita disposición -todo hai que dicilo-). Con ela, o guiso de porco celta con alcachofas e chícharos que fará Benigno Campos terá aínda máis encanto do habitual.

Para completar o menú, Merchi preparará unhas deliciosas galletas de millo, que acompañadas dun batido de amorodos deixarán pampo máis dun. E, coma sempre, haberá risas, música, festa e moitas pequenas grandes historias.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here