A Radio Galega entrevista a Valentín González Formoso, Ana Pontón e Paula Prado no peche do curso parlamentario

0
12

Os tres falarán nos micrófonos do ‘Galicia por Diante’ de mércores a venres, ás 08.10 h

As entrevistas serán desde o estudio multimedia da RG e poderán seguirse tamén pola canle dixital G24.gal

A Radio Galega entrevista a Valentín González Formoso, Ana Pontón e Paula Prado no peche do curso parlamentario

Santiago, 19.07.2022.-   Líderes dos partidos políticos de Galicia visitarán esta semana o estudio multimedia da Radio Galega nas vésperas do Día de Galicia e coincidindo co peche de curso parlamentario. Serán tres entrevistas no ‘Galicia por Diante’ da emisora pública (08.10 h), conducidas polo xornalista Manuel Estévez.

A primeira entrevista realizarase este mércores ao secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso; o xoves será a quenda da voceira nacional do BNG, Ana Pontón; e o venres será Paula Prado, secretaria xeral do PPdeG, quen interveña no ‘Galicia por Diante’ da emisora pública. Con eles analizaranse as claves económicas, sociais e políticas do momento, ás portas dun novo curso político marcado polas vindeiras eleccións municipais.

As entrevistas poderán seguirse tamén pola canle dixital G24.gal e as súas respectivas redes sociais en Facebook e YouTube.

Fuente Crtvg.es