A Radio Galega estará en directo nas semifinais de ascenso á Liga ACB

0
9

Santiago, 01.06.2021.-    Chega o momento máis importante da temporada na Liga española de baloncesto e hai dous equipos galegos que optan á única praza de ascenso á ACB. Este mércores comezan as eliminatorias de semifinais e a Radio Galega contará os partidos desde as 20.10 ata as 23.00 h.

O Breogán comeza xogando no Pazo, ten o factor campo ao seu favor. O seu rival é o Alicante, que deu a sorpresa nos cuartos de final ao eliminar ao Castelló.

Namentres, o Básquet Coruña debe principiar a domicilio, na cancha do Granada, que foi o primeiro clasificado tras a segunda fase. Así e todo, os andaluces necesitaron do desempate e dunha prórroga para chegar a esta rolda.

Raúl Villares, en Lugo, e Javi Torres, desde Alicante, encargaranse da narración, coa dirección de Paco Santos desde os estudios centrais. Ás 23.00 h, os oíntes terán o resumo dos dous encontros cos protagonistas en directo no espazo ‘Ao Contraataque’.

As eliminatorias de semifinais continuarán o sábado en Alicante e na Coruña, tamén cos micrófonos da Radio Galega nas dúas pistas. No caso de ser necesario o desempate, os afeccionados ao baloncesto volverían ter unha nova cita na Radio Galega o mércores 9 de xuño pola noite.

Fuente Crtvg.es