A Radio Galega, nos partidos do Celta, o Dépor e o Lugo

0
4

Santiago, 12.09.2019.-   A programación deportiva da Radio Galega na fin de semana comeza o venres ás 20.30 horas, co ‘Galicia en goles’ conducido por Paco Santos. A pretemporada dos equipos de baloncesto feminino será un dos argumentos do día, coa retransmisión desde Lugo do partido amigable entre o Ensino e o Uni Ferrol.

O sábado, ás 13.00 h, Alfonso Pardo chega a Lalín para dedicar o ‘Convivir deportivo’ ao club de balonmán da localidade do Deza. Desde as 15.00 h, Xoán Galán pon en marcha o ‘Galicia en goles’, que vai estar pendente do que faga o Deportivo en Sevilla ante o Betis, na primeira feminina, ademais de resumir o encontro da mañá na segunda entre o Seagull de Badalona e o Friol. O trofeo Xacobeo entre o Obradoiro e o Barcelona, xunto ás ligas de fútbol sala e balonmán e a Supercopa de hóckey a patíns completan a oferta da tarde.

A última hora do día estará dedicada, coma cada sábado, primeiro á revista do motor ‘Gas a fondo’ e, a continuación, ao espazo olímpico ‘Galicia en Toquio’.

Xa o domingo, ás 12.00 h, a primeira sesión de ‘Galicia en goles’ contará a xornada matinal de segunda B e terceira, con atención especial aos encontros Eivissa-Pontevedra, Sporting B-Coruxo e Celta B-Marino.

Desde as 15.00 h, sesión continua dos equipos grandes galegos nas competicións da Liga de Fútbol Profesional. O Celta recibe o Granada en Balaídos, mentres o Lugo xoga no Anxo Carro ante o Fuenlabrada. O único que viaxa esta semana é o Deportivo, que visita no Molinón ao Sporting.

Ás 23.00 h, ‘Ao contraataque’ dedicará a súa edición dominical a falar cos protagonistas dos encontros da segunda e a analizar cos expertos o sucedido na primeira.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here