A Radio Galega retransmite este xoves o partido Real Sociedad-Celta

0
18

Roberto Carlos Carballo encargarase da narración do xogo que se desenvolva sobre o céspede de Anoeta, cos comentarios dos especialistas Víctor López, Moncho Carnero e José Valtierra

A Radio Galega retransmite este xoves o partido Real Sociedad-Celta

Santiago, 21.04.2021.-    O programa da RG ‘Galicia en Goles’ prepara unha edición especial para este xoves. A partir das 20.30 h, Paco Santos conduce a retransmisión do partido da Liga de Primeira División entre a Real Sociedad e o Celta de Vigo. Roberto Carlos Carballo encargarase da narración do xogo que se desenvolva sobre o céspede de Anoeta, cos comentarios dos especialistas Víctor López, Moncho Carnero e José Valtierra.

O Celta visita San Sebastián tras empatar o domingo pasado en Cádiz a cero goles e días antes de recibir o Osasuna en Balaídos. O obxectivo europeo do equipo galego semella cada semana máis complicado, pois está a nove puntos do sétimo, que é precisamente o equipo donostiarra, cando só faltan sete xornadas. A vitoria é o único resultado válido para o equipo de Coudet de cara a seguir soñando coa sétima praza, aínda que o empate non sería un resultado malo pensando en garantir canto antes a permanencia matemática na categoría.

Ao remate do ‘Galicia en Goles’, ás 23.00 h, comezará a edición diaria de ‘Ao Contraataque’. Pedro Pablo Alonso conectará coa sala de prensa para escoitar a rolda de prensa do adestrador do Celta e, posteriormente, abrirá mesa de debate cos analistas na cobertura do Celta.

Fuente Crtvg.es