A Radio Galega retransmite hoxe o Dépor – Málaga desde o estadio de Riazor

0
7

Santiago, 12.06.2019.- Achégase o desenlace da temporada e hoxe comezan as eliminatorias de promoción polo ascenso á primeira división do fútbol español. Desde as 20.30 h, un amplo equipo de profesionais da Radio Galega estará no estadio municipal de Riazor para contar os primeiros noventa minutos da semifinal entre o Deportivo da Coruña e o Málaga. 

Toni López García dirixe a edición especial de ‘Galicia en goles’, con Javi Torres na narración, César Méndez co micrófono sen fíos e Xosé Manuel Traba analizando todos os detalles tácticos do partido. A partir das 23.00 h, os ouvintes poderán escoitar os protagonistas na sala de prensa e na zona mixta dentro do programa nocturno ‘Ao contraataque’.

O Deportivo alcanzou a fase de ascenso na última xornada tras derrotar o Córdoba, mentres o Málaga xa tiña o pase garantido. O sábado a vitoria ante o Elxe serviulle para garantir a terceira praza, que permite xogar o partido de volta na casa e ademais daríalle a clasificación para a final en caso de que os dous encontros rematen co mesmo resultado. No regulamento si está contemplada a prórroga, pero non hai penaltis.

Na liga regular, Deportivo e Málaga empataron nas dúas citas, a un gol en Riazor e a cero goles na Rosaleda. Os dous equipos tiveron que recorrer no treito final do campionato ao cambio de adestrador: Víctor Sánchez del Amo substituíu a Muñiz e Martí a Nacho González.

 A eliminatoria viaxará o sábado ao campo andaluz, onde o ‘Galicia en goles’ montará outro amplo operativo con Javi Torres, Marcos Basadre e Pablo Cortés, con programación especial xa desde as 15.00 h.

A outra semifinal comeza o xoves no Son Moix entre o Mallorca e o Albacete, co partido de volta previsto para o domingo no Carlos Belmonte. Os gañadores dos dous emparellamentos disputarán a final a dobre partido, o xoves 20 de xuño é a ida e o domingo 23 a volta. O gañador ascenderá á primeira división.

 

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here