A RG emite este luns e martes entrevistas electorais ás forzas políticas de cada unha das sete grandes cidades galegas

0
9

Santiago, 20.05.2019.-  A Radio Galega ofrece este luns e martes, dentro do magazine informativo ‘Galicia por Diante’, unha serie de entrevistas de carácter electoral aos cabeza de lista, ou persoa que eles designen, de todos os partidos que obtiveron representación nas eleccións locais de 2015 en cada unha das sete grandes cidades galegas e concorren agora aos comicios do 26 de maio.

De acordo co Plan de Cobertura informativa e en aplicación da normativa electoral, a emisora pública galega realizará un total de 31 entrevistas. Emitiranse en desconexión, ás 13.10 horas, e terán unha duración que combinará o criterio de representatividade e proporcionalidade co criterio formal deste xénero radiofónico, polo que non haberá entrevistas inferiores aos cinco minutos nin superiores aos quince minutos.

Este luns ofreceranse as entrevistas aos candidatos de Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo e Santiago, e o martes, ás correspondentes a Pontevedra e Ferrol.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here