A Romaxe Viquinga do Vicedo, a Festa da Paella de Cortegada e a romaría de Santa Marta de Ribarteme, entre as propostas do ‘Vaia Troula’ deste domingo

0
11

Santiago, 31.07.2022.-   ‘Vaia Troula’ propón este domingo un programa cargado de festa rachada. Noelia Rey daralles a benvida aos espectadores desde o concello lugués do Vicedo. Alí, a presentadora participará na incrible Romaxe Viquinga que celebran na praia de San Román e que ten no seu desembarco un dos puntos fortes da fin de semana.

E as reporteiras, coma sempre, estarán nas mellores celebracións da fin de semana. Así, Alba Lea irá ata a parroquia de Cortegada, en Silleda, para gozar da súa tradicional Festa da Paella. Pola súa parte, Adela Bértolo pasará pola impresionante romaría de Santa Marta de Ribarteme, no concello pontevedrés das Neves, onde os devotos acoden en masa.

Pero nesta fin de semana hai outras festas salientables, como as que celebran na parroquia de Queiruga, en Porto do Son, ou a romaría de Santa Margarida de Muíño do concello de Zas. As cámaras do programa tamén pasarán polas festas de Santa Marta de Babío, en Bergondo, pola Feira Modernista de Sada e pola fermosa recreación de Curtis na Lembranza.
    
O menú trouleiro deste domingo pola noite complétase coa Batucada de Verín, as Festas do Carme de Chapela, en Redondela, e a Festa do Percebe de Aguiño, en Ribeira. E, para que non falte de nada, ‘Vaia Troula’ ofrecerá as actuacións das mellores orquestras de Galicia.

Fuente Crtvg.es