A segunda canle da Galega ofrece este mércores en directo a última proba do Mundial de Motocrós: o GP Cittá di Mantova

0
14

Santiago, 09.11.2021.-    O Mundial de Motocrós chega este mércores á súa fin e, despois de ofrecer integramente o calendario durante os últimos meses, a G2 emitirá en directo a 18ª e última proba da competición, que se disputará no circuíto italiano Cittá di Mantova. A primeira carreira celebrarase ás 13.00 h e a segunda, as 15.00 h, e ambas as dúas se poderán seguir a través da segunda canle da Galega.

A emoción está en todo o alto, xa que o Mundial non se decidiriá ata a última proba e, posiblemente, ata a última manga. A penúltima cita do calendario, celebrada en Mantova a fin de semana pasada, volveu deparar un novo toma e daca entre os favoritos. Neste caso, o asalto serviu para deixar case descartado o campión do mundo Tim Gajser, que quedou a 15 puntos do liderado, e confirmar como os verdadeiros contendentes o líder, Romain Febvre,  e o gañador do último Gran Premio, Jeffrey Herlings.

Da loita polo título caeu o galego Jorge Prado, quinta na clasificación xeral, nunha temporada que estivo marcada para el polos problemas físicos, desde a pretemporada ata o final.

Fuente Crtvg.es