A segunda xornada da LFP e o comezo da Segunda B e a Terceira, no 'Galicia en Goles' da Radio Galega

0
8

Santiago, 22.08.2019.-  O ‘Galicia en Goles’ desta fin de semana reúne xa todas as categorías importantes do fútbol. A segunda xornada da Liga de Fútbol Profesional coincide co comezo da competición na Segunda B, na Terceira e na Preferente Galicia.

O sábado, o programa que dirixe Xoán Galán comeza ás 14.15 horas. As citas estrela do día son o Celta-Valencia, desde Balaídos, e o Oviedo-Lugo, desde o Carlos Tartiere. Na 2ª B, a primeira cita da temporada é o derbi de Pasarón entre o Pontevedra e o Coruxo.

Ademais hai dous encontros na Terceira, Alondras-Compostela e Vilalbés-As Pontes. O fútbol feminino tamén será protagonista co torneo que se disputa en Portonovo.

O domingo, a emisión deportiva principia ás 11.00 ata as 15.00 horas. Desde ese intre, a atención estará posta no Inter Boadilla-Celta B e no San Sebastián de los Reyes-Rácing de Ferrol, de 2ª B. A oferta matinal inclúe dous partidos da Preferente Galicia, un por grupo: Arteixo-Noia e Pontevedra B-Cambados.

Desde as 15.00 horas, o partido da xornada entre o Huesca e o Deportivo será un dos argumentos principais, xunto ao seguimento da liga de Terceira: Somozas-Silva, Arenteiro-Barco, Paiosaco-U.D. Ourense, Arzúa-Estradense, Ourense C.F.-Bergantiños, Choco-Fabril, Arousa-Polvorín e Pontellas-Bouzas. O torneo de fútbol base de Ponteareas será outro dos puntos de directo do programa.

A partir das 23.00 horas, o deporte continúa na Radio Galega coa mesa de debate de ‘Ao Contraataque’. Pedro Pablo Alonso debaterá sobre a xornada cos especialistas Javi Torres, Peli Cantoná, Marcos Basadre, Víctor López e Tomás Alonso. Tanto ‘Galicia en Goles’ coma ‘Ao Contraataque’ remataron a temporada pasada sendo líderes de audiencia nas súas respectivas faixas horarias do domingo.

Toda a programación deportiva poden seguila os oíntes a través da FM, TDT, a web radiogalega.gal e a aplicación para o móbil. Ademais, na transmisión por televisión dos partidos do Celta, a canle propietaria dos dereitos, reserva un audio para escoitar o ‘Galicia en Goles’. O número asignado sairá na pantalla xusto ao comezo do encontro.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here