A serie documental ‘Os Castros’ deixará hoxe ao descuberto os segredos da economía castrexa

0
12

Santiago, 18.11.2020.- A Televisión de Galicia ofrece esta noite unha nova entrega da serie documental ‘Os Castros’ (22.30 h), que ofrece unha visión global, actualizada e divulgativa do que significou a cultura castrexa en Galicia. Dirixida por Xosé Manuel Vega e presentada por Alba Mancebo, pretende dar a coñecer e poñer en valor a riqueza do noso patrimonio castrexo, bastante descoñecido polos galegos.

Nesta ocasión, o programa tratará de saber de que vivían os castrexos, como era a súa economía, que papel tiñan a agricultura, a gandaría e a pesca e tamén a minería, a metalurxia e o ouro. Outros aspectos que se abordarán serán a tecnoloxía castrexa, o uso do bosque, o comercio nos castros e o ouro e as xoias desta época.

Ademais, como é habitual, a presentadora lanzará varias preguntas, nesta ocasión desde o castro de Castromao, que se irán contestando ao longo do programa. Era a súa economía de mera supervivencia? Coñecían o diñeiro? A terra era comunal ou xa había propiedade privada?

Fuente Crtvg.es