'A Tarde' desprázase este vernes a Guntín na véspera da celebración da súa popular Festa do Pemento de Mougán

0
5

Santiago, 21.08.2019.-  O magazine ‘A Tarde’ da Radio Galega achegarase este venres á localidade lucense de Guntín de Pallares, onde está todo disposto para celebrar a décimo oitava edición da popular Festa do Pemento de Mougán esta fin de semana na carballeira de Meixaboi. O equipo do programa radiofónico, dirixido por Vituco Neira, realizará este especial, aberto ao público, na Casa da Cultura, desde as 16.00 horas.

Para coñecer máis sobre este produto de calidade e sabor únicos, con indicación xeográfica protexida, pasarán polos micros do set de ‘A Tarde’ varios pementeiros do concello e unha veciña lonxeva de Guntín, de 99 anos. A alcaldesa da localidade, María José Gómez, falará tamén as propiedades do pemento, así como das actividades e actuacións musicais que se poderán gozar nestes días de festa. Distintos hostaleiros da zona conversarán sobre os xeitos máis axeitados para a súa preparación e os membros da Banda de música municipal achegarán a súa experiencia, ao ser a formación musical que dá o tiro de saída á festa coa súa música.

Pola súa parte, o colectivo da asociación Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares dará a coñecer as accións culturais que desenvolve en defensa do patrimonio artístico da zona, entre outras actuacións. Por último, tamén asistirán como convidados os gandeiros, xa que nesta zona teñen unha importante influencia económica as explotacións e as granxas.

Nova colaboración musical no ‘Diario Cultural’

A edición matinal do ‘Diario Cultural’ da Radio Galega, que presenta Xiana Arias, incorpora desde hoxe un novo colaborador estival. Cada mércores, ás 10.30 horas, o músico, articulista e investigador de traxectoria internacional, Alfonso Espiño, traerá curiosidades sobre a historia da música galega.

Doutorado en Historia da Arte, a traxectoria de Espiño abrangue un amplo e destacado abano de disciplinas, todas elas, relacionadas coa música. A súa faceta como compositor durante máis de 20 anos levouno a publicar discos en solitario e a compartir escenario con infinidade de artistas, como La La Brooks e The Quarrymen. Premio Galicia Creativa 2016 na categoría pop/rock, Espiño foi tamén seleccionado en 2018 para representar a Galicia no festival SUNS Europe de Linguas Minorizadas, celebrado en Italia.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here