A tecno-rumba de Camela e o pop reivindicativo de Xoana, xuntos no ‘Bamboleo’ deste sábado

0
11

Santiago, 16.11.2019.-    ‘Bamboleo’, o programa de entretemento dos sábados á noite na TVG, recibirá hoxe a visita do grupo Camela, que continúa na brecha despois de 25 anos de estrada e dos primeiros postos nas listas de vendas e popularidade de España. Impulsores da tecno-rumba nos 90, a parella composta por Dionisio Martín e María de los Ángeles Muñoz interpretará grandes éxitos como ‘Cuando zarpa el amor’ e ‘Ya se acabó tener dueño’.

O espazo presentado por Lucía Regueiro contará ademais coas actuacións da orquestra Arkadia e de Xoana, cantante porriñesa de 20 anos, que acaba de sacar o seu primeiro disco. ‘Dardos’ é un traballo que no musical transita do funk ao soul, sempre cunha clara vocación pop. En canto ás letras, a cantante porriñesa amosa unha clara intención de denuncia social e de reivindicación do idioma galego.

No escenario tamén estarán Mirela, interpretando ‘Yo no soy una loba’, de Miriam Cruz, e Pedro, co tema ‘Unusual’, de Tom Jones, ambos os dous na sección ‘Agora ou Nunca’.

Coma sempre, ‘Bamboleo’ ofrecerá tamén as seccións ‘A ITV do amor’, onde un concursante terá que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas; ‘A Jrileira’, onde Fernando e Sandra se enfrontarán ao karaoke cantando ‘Para ti sería’, de NEK, e ‘Dirtidansi’, en que a parella composta por Rubén e Cristina bailará tango e jive.   

Fuente Crtvg.es