A TVG coñece, desde este sábado en ‘Facendo as Américas’, galegos ilustres ao outro lado do Atlántico

0
127

Santiago, 03.06.2021.-  A TVG comeza este sábado á tarde con ‘Facendo as Américas’ a seguir o rastro de galegos ilustres, cuxas vidas ao outro lado do Atlántico son sobresaíntes. En cada edición semanal, as presentadoras Estíbaliz Veiga e Ana Feijóo achegaranse a un persoeiro asentado nun país do continente americano, cunha ampla traxectoria vital e profesional.

A través dunha entrevista con el e coa súa contorna, amais de descubrir as súas localidades de orixe e devanceiros, coñeceranse polo miúdo as vidas intensas e sobresaíntes de galegos que, por distintas circunstancias, abandonaron a nosa terra e puxeron rumbo ás Américas.  

Na súa estrea, ‘Facendo as Américas’ viaxa ata Cidade de México para coñecer o protagonista desta edición: Demetrio Bilbatúa. Nado en Vigo,  sendo aínda un cativo o destino embarcouno no Magallanes, que o afastou da súa terra para lle amosar a súa nova patria ao outro lado do Atlántico, onde se formaría como camarógrafo e documentalista. Pero non un calquera, senón un dos pioneiros, cunha traxectoria persoal, humana e profesional de máis de medio século de traballos que constitúen un acervo que o acredita, máis que ningún outro, como fundador do documentalismo hispanoamericano grazas aos millóns de metros de celuloide onde filmou, sobre todo, o amplo patrimonio e historia de México do século XX e principio do XXI.

Fuente Crtvg.es