A TVG dá a benvida ás festas da temporada estival cun concerto único da París de Noia, Panorama e Combo Dominicano

0
505

Santiago, 14.06.2019.-  Ás portas do comezo da temporada de verán, os espectadores poderán contaxiarse este domingo do ambiente festivo, que na época estival se vive case a diario no noso país, cun especial en que actuarán as tres orquestras máis populares e cun maior número de fans en Galicia e no resto do estado. Nesta gala, que leva por título Hoxe non imos durmir, a París de Noia, a Panorama e o Combo Dominicano ofrecerán o seu primeiro concerto conxunto para a TVG.   

No especial deste domingo, a audiencia terá a oportunidade de ver, en primicia, as estreas dos novos espectáculos das tres formacións, cos seus novos vestiarios, coreografías, decorados e iluminación. Cómpre salientar que nunha temporada estas tres grandes orquestras protagonizan máis de 550 concertos, en que congregan milleiros de persoas e fieis seguidores, que converten cada unha das súas actuacións en grandes éxitos.

Tamén, en Hoxe non imos durmir veranse os números máis vistosos e preferidos polos seus seareiros, amais de ver sobre o escenario as novas fichaxes de cada orquestra. Entre as incorporacións deste verán, cómpre salientar a Fátima Pego e Irene Iglesias pola Panorama; na París de Noia, a Santi Pulido e Lucía Sánchez, e a Arodi Ilanos e Suso del Rosario no Combo Dominicano, que tamén presentará nesta actuación o seu novo escenario.

O especial, realizado en Silleda o 24 de maio pasado, coincidindo co peche da campaña electoral das municipais, gravouse durante máis de 6 horas ininterrompidas e contou cunha dificultade técnica engadida, xa que aínda que as tres orquestras estaban no mesmo recinto, entre os escenarios de cada unha delas había unha distancia importante, polo que houbo que trasladar, entre actuación e actuación, todos os equipos técnicos sen interromper nin demorar cada unha das intervencións.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here