A TVG e a RG reforzan cos seus contidos a campaña de RSC #NonTemosOutroMar

0
6

Santiago, 11.06.2019.- A CRTVG está a realizar esta semana a campaña #NonTemosOutroMarpara contribuír a concienciación sobre os riscos e as vías de sustentabilidade do mar desde diferentes ópticas, ademais de difundir en Galicia os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas. A Radio Galega e a Televisión de Galicia reforzan esta iniciativa ofrecendo contidos relacionados coa protección do medio ambiente. 

A campaña conta cunha páxina web en que é posible, ademais de ver o vídeo que tamén emite TVG estes días, consultar información de interese de iniciativas postas en marcha en Galicia arredor da investigación e a protección dos océanos. A web é accesible desde a portada de crtvg.gal ou en https://rsc.crtvg.gal/oceanos#NonTemosOutroMar forma parte das #acciónsG, as campañas de Reponsabilidade Social Corporativa (RSC) da CRTVG. Esta é a terceira no que vai de ano, despois da das Letras Galegas, en maio e de #NonMiresXoga, que en abril puxo a ollada no deporte inclusivo.

Informacións e reportaxes nos medios públicos

O programa da TVG ‘A revista’ estará en directo nas Fragas do Eume, para dar conta da limpeza de plásticos que se levará a cabo neste espazo natural. ‘A revista’ xa apoiou a campaña #NonTemosOutroMar na súa edición de fin de semana, onde entrevistaron o doutor en Bioloxía Mariña e técnico do Centro Oceanográfico da Coruña Manuel Vázquez Brañas. E o espazo de información da primeira canle ‘Galicia noticias’ informará hoxe dunha iniciativa similar: rapaces e rapazas estarán recollendo plásticos na costa de Boiro. 

Pola súa banda, a Radio Galega ten preparados contidos para dar a coñecer aos ouvintes opcións para reducir o uso dos plásticos, e accións cidadás e gobernamentais, que propoñen análises e vías de acción. Xa o fixeron o sábado, cando, coincidindo co Día Mundial dos Océanos, conversaron con Itziar Díaz Feijóo, educadora ambiental de Adega (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia) no espazo ‘Galicia por diante’.

As limpezas das praias, as bolsas de plástico dos supermercados ou os obxectos cotiáns como os cosméticos, entre outros, serán os protagonistas de vindeiras reportaxes que se emitirán na Radio Galega e na Televisión de Galicia durante esta semana. 

 

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here