A TVG emite a tradicional ‘Mensaxe de Fin de Ano’ do presidente da Xunta desde o IES Blanco Amor de Ourense

0
4

O discurso poderase seguir con subtítulos a través das opcións da TDT e tamén en lingua de signos na G2

A TVG emite a tradicional 'Mensaxe de Fin de Ano' do presidente da Xunta desde o IES Blanco Amor de Ourense

Santiago, 31.12.2019.- Antes do ‘Telexornal Mediodía’, ás 14.15 h, Televisión de Galicia emitirá hoxe a tradicional mensaxe que o presidente da Xunta de Galicia ofrece neste último día do ano, nesta ocasión gravada no IES Blanco Amor de Ourense, centro educativo en que Alberto Núñez Feijoo estudou durante tres anos.

Como é tradicional, ademais de felicitarlles o Nadal e o Aninovo a todos os galegos, Núñez Feijoo fará tamén balance do ano que remata e falará dos proxectos e retos para 2020. Neste senso, no seu discurso centrarase na situación da educación galega e falará da actualidade política e da conmemoración do centenario da Xeración Nós e os preparativos dun novo Xacobeo, entre outras cuestións.

O discurso do presidente galego poderase seguir con subtítulos a través das opcións da TDT e tamén en lingua de signos na G2.

Fuente Crtvg.es