A TVG estrea este domingo o trepidante e angustioso thriller ‘Secuestrados’

0
8

Trátase dunha produción de Vaca Films, responsable de éxitos como ‘Cela 211’ ou ‘O descoñecido’

Dirixida por Miguel Ángel Vivas e con Fernando Cayo, Ana Wagener e Manuela Vellés como protagonistas, conta o asalto ao chalé dunha acomodada familia por parte dunha banda de sanguinarios delincuentes profesionais

A TVG estrea este domingo o trepidante e angustioso thriller 'Secuestrados'

Santiago, 10.04.2020.-     A Televisión de Galicia estrea este domingo, a continuación do capítulo correspondente de ‘O Sabor das Margaridas’, a película ‘Secuestrados’, un estarrecedor thriller producido pola galega Vaca Films, responsable de títulos de éxito como ‘Cela 211’ ou ‘O descoñecido’.

Dirixida por Miguel Ángel Vivas e con Fernando Cayo, Ana Wagener e Manuela Vellés como protagonistas, conta o asalto ao chalé dunha acomodada familia por parte dunha banda de delincuentes profesionais, formada por sanguinarios ex-militares dos países do Leste, que queren conseguir, durante unha noite angustiosa, unha gran cantidade de cartos en metálico, sen importarlles o horror que deixan ao seu paso.

Os actores Pepo Suevos e Xoel Yañez e o músico Sergio Moure son algúns dos galegos que participan nun filme que segue a liña de clásicos modernos do cinema americano como ‘Cans de palla’, ’37 horas desesperadas’ ou ‘Firewall’.  A narración de ‘Secuestrados’ é trepidante e vai in crescendo, con mecanismos impactantes que activan a emoción e a angustia do espectador.

Fuente Crtvg.es