A TVG estrea este martes ‘Atmosféricos’, un programa diario presentado por Sevi Martínez que dará todas as claves da información arredor do clima

0
9

Coas achegas de divulgadores de referencia, ofrecerá contidos relacionados co medio natural, o cambio climático e as súas consecuencias e asuntos relativos aos sectores primarios directamente dependentes do tempo

A TVG estrea este martes 'Atmosféricos', un programa diario presentado por Sevi Martínez que dará todas as claves da información arredor do clima

Santiago, 19.09.2022.-    A transcendencia social dos contidos relacionados coa meteoroloxía e co medio natural é cada vez maior. En coherencia co interese crecente sobre un asunto capital na vida dos cidadáns, a Televisión de Galicia amplía esta temporada os espazos dedicados á información do tempo e estrea hoxe o programa ‘Atmosféricos’.

Este novo espazo divulgativo, que se ofrecerá de luns a venres ás 13.30 h, será  presentado por Sevi Martínez e ofrecerá 15 minutos diarios de contidos relacionados co medio natural, o cambio climático e as súas consecuencias e asuntos relativos aos sectores primarios directamente dependentes do tempo. Para isto, contará coas achegas diarias de expertos divulgadores de referencia para explicar as claves meteorolóxicas de cada momento.

‘Atmosféricos’ emitirase pola primeira canle e tamén polo portal web e as redes sociais de ‘O Tempo’: Instagram, Twitter e Facebook. Ao igual que os espazos de ‘O Tempo’, o programa estará dotado de novas narrativas audiovisuais apoiadas na tecnoloxía para ofrecer un relato máis dinámico e gráfico.

Fuente Crtvg.es