A TVG, líder de audiencia en Galicia e número 1 tamén entre as televisións autonómicas

0
1

Santiago, 26.06.2019.- A TVG lidera as audiencias en Galicia, cunha cota de pantalla do 16,9% de luns a domingo. Isto supón un incremento do 22,5% (3,1 puntos) respecto á medición anterior,  segundo a onda do Estudo Xeral de Medios feita pública este mércores. A CRTVG álzase co primeiro posto como a canle máis vista na nosa comunidade, seguida por Antena 3 TV e TVE, e colócase tamén á cabeza das autonómicas por diante de canles como EiTB, TV3 ou Canal Sur.

No conxunto da semana, a TVG foi a canle que máis medrou en Galicia, tanto en comparación coa onda anterior como coa mesma onda de hai un ano, e confirma a tendencia á alza dos últimos tres estudos.

Por días da semana, cómpre salientar as audiencias do luns cunha cota do 17,9% e especialmente dos domingos cun 22,5%, onde se reflicte o traballo da cobertura das dúas noites electorais, especialmente na do 26 de maio, en que os galegos elixiron maioritariamente a TVG para seguir a actualidade.
 
Líderes todo o día

Por faixas, a Televisión de Galicia acadou o liderado en Galicia en todas as faixas do día cun 16,9%. Nas mañás (8:00-13:30) cun 18,4% de cota, a TVG chega a obter picos de preto do 35% grazas á nova estrutura do informativo ‘Bos días’, en que se aposta desde febreiro por una nova edición con máis puntos de directo e actualidade informativa.

O ‘Galicia noticias’ e o ‘Telexornal mediodía’ dispáranse na faixa sobremesa cun 27,9% de media,  duplicando a audiencia dos informativos de Antena 3 TV e triplicando a audiencia de TVE. Os dous informativos da TVG acadan picos de preto do 40% de audiencia.

A faixa da tarde (17:00-20:00)  tamén é da TVG cun 13,1%. Os concursos culturais como o ‘Ti verás’ e o entretemento e actualidade co ‘Fun polo aire’ e ‘Vin polo vento’ compiten á perfección e lideran a súa faixa ata que chega a noite e o prime time.

O prime time, que é un dos tramos máis cobizados polos programadores, tamén é para a TVG, que se sitúa entre 3 e 4 puntos por riba do resto das ofertas. O ‘Telexornal serán’ acada cotas preto do 20% e a aposta da noite, que mestura as series de ficción cos programas de entretemento, segue a ser a opción preferida dos galegos.

Cabe salientar un fito insólito do panorama nacional para unha canle autonómica: o 96% do que se emite na TVG esta feito en Galicia e por galegos, segundo reflicte a Memoria de Servizo Público 2018, presentada neste mes de xuño no Parlamento de Galicia.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here