A TVG lidera o prime time na emisión de 'Galicia Bonita', que acadou un 14% de cota

0
4

Santiago, 25.06.2019.-    A TVG foi a canle máis vista onte luns en Galicia no prime time, cunha cota do 12,1%, e superando a Telecinco (11,9%), Antena 3 TV (11,1%), La Sexta (11%), La1 (9,5%) e as restantes canles. No conxunto do día, a cota da TVG foi dun 10,1% e tres dos programas máis vistos do día de onte en Galicia foron espazos da canle pública.

Pola noite, o espazo ‘Galicia Bonita’, o ‘docureality’ dedicado ás reformas en que unha arquitecta percorre a xeografía galega para poñerlles remedio aos feísmos máis comúns, liderou o prime time en Galicia, cunha audiencia media de 113.000 telespectadores e unha cota de pantalla do 14%. Durante a súa emisión contou cunha audiencia total de 290.000 telespectadores.

O bloque informativo do mediodía segue a ser o máis seguido polos galegos. O ‘Telexornal Mediodía’ foi o programa máis visto en Galicia neste luns 24 de xuño, marcou a referencia informativa en Galicia cunha cota do 18,7% e chegou a 206.000 telespectadores.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here