A TVG pecha xaneiro co seu terceiro mellor dato mensual desde 2018

0
8

Santiago, 01.02.2021.-    A Televisión de Galicia afianzou en xaneiro o seu liderado informativo.  Por faixas horarias, destaca de luns a venres a media de 23,7% no mediodía, cos espazos ‘Galicia Noticias’ e ‘Telexornal Mediodía’ entre as 13.30 e as 15.30 horas, superando o seguinte competidor en 8,7 puntos de cota (Antena 3 cun 15%). O ‘Telexornal Serán’ tamén acada uns moi bos resultados xa instalado con comodidade por riba dos dous díxitos.

Cómpre salientar tamén o incremento de audiencias en xaneiro do magazine matinal ‘A Revista’, cun incremento de 3,8 puntos; de ‘A Revista Fin de Semana’, que medra 1,6 puntos; do ‘Telexornal Mediodía’, que incrementa un punto, e do ‘Galicia Noticias’.  A TVG segue a ser un dos motores da FORTA e acada 1,5 puntos de cota máis que a media das canles autonómicas no conxunto do día e 1,2 punto de cota máis no prime time.
    
#DígochoEu segue a crecer: 7,7 millóns de visualizacións no Tiktok

O proxecto educativo da CRTVG arredor da lingua #DígochoEu segue a bater récords de seguimento, chegando a 7,7 millóns de visualizacións na rede social TikTok, na que se estreou en outono.     O espazo, que celebrou un ano de vida o 1 de xaneiro, atrae os máis novos cun formato extremadamente divertido e dinámico en que a xornalista Esther Estévez convida a falar mellor en galego nun breve vídeo. En cada capítulo, proponse unha palabra incorrecta, de uso común, e ofrécense sinónimos e consellos para darlle unha reviravolta a esas expresións. #DígochoEu naceu dentro da web dos servizos informativos e hoxe pode verse na web crtvg.gal, en g24.gal, así como nas contas de Instagram (@g24noticias), Twitter (@g24noticias), Facebook (g24noticias), Youtube (youtube.com/tvg) e TikTok (tiktok.com/@digochoeu) e no Telexornal da TVG.

Fuente Crtvg.es