A TVG recorre costa e interior na procura de “O mellor polbo do mundo"

0
106

Santiago, 15.04.2017.-  A TVG aventúrase hoxe a comprobar se o polbo galego é o mellor do mundo. Nunha época en que o mar que bordea as costas de Galicia está cargado do prezado cefalópodo, as cámaras da canle pública irán ata Bueu, Carnota e Pontevedra, e, por suposto, cara o interior, a Lugo e Ourense, onde a tradición é comelo.

Por que hai tan bo polbo en Bueu? Sabe mellor á feira ou á brasa? Hai que tomalo con viño branco ou tinto? Como hai que cocelo? De onde vén a tradición polbeira do Carballiño?… Estas son algunhas das moitas preguntas ás que dará resposta hoxe, a partir das 15.30 h., o programa  “O mellor polbo do mundo”, que se estrea hoxe e en que os espectadores poderán coñecer a persoas que viven rodeadas de polbo. As reporteiras Belén Vara e Ariadna Leis descubrirán as excelencias do polbo da illa de Ons, que, para moitos, é o mellor que hai. Tamén estarán en Carnota, onde aprenderán a capturar un delicioso polbo cos mariñeiros de Lira e presenciarán como o preparan para enviar ás mesas de toda España e parte do estranxeiro. O percorrido de “O mellor polbo do mundo” continuará en Pontevedra, onde o programa amosará como é a vida dunha familia de polbeiros. Os “templos” deste produto tan galego tamén terán cabida no espazo, que visitará a Pulpería Aurora de Lugo; A Pulpeira de Melide, da Coruña, e o tradicional bar Fuentes, do barrio de Conxo, en Santiago de Compostela.

Así mesmo, os espectadores coñecerán distintos xeitos de cociñar o cefalópodo, que pode facerse á mugardesa ou comerse en empanada, como fan en Oroso. En Ferrol, será o cociñeiro Miguel Ángel Campos quen desvele os seus segredos para preparalo. Ademais, achegaranse á historia das famosas polbeiras do Carballiño e á relación do mosteiro de Oseira co polbo. Verán como transcorre un día de feira en Guitiriz e, coa axuda das actrices María Mera e Susana Sampedro, e o presentador Juan Fuentes, descubrirán por que o polbo é un gran acompañante en ocasións especiais. A Requinta da Laxeira, de Vedra, poñerá a música a “O mellor polbo do mundo”.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here