A TVG retransmite este domingo en directo desde o Pazo do Hórreo o acto de conmemoración do 40º aniversario do Parlamento de Galicia

0
7

Os xornalistas Almudena de Urzáiz e Jesús Fontenla presentan un programa especial que comezará arredor das 12.20 h

A TVG retransmite este domingo en directo desde o Pazo do Hórreo o acto de conmemoración do 40º aniversario do Parlamento de Galicia

Santiago, 18.12.2021.-    Os xornalistas Almudena de Urzáiz e Jesús Fontenla presentan este domingo na TVG, arredor das 12.20 h, un programa especial en que se retransmitirá a sesión solemme coa que o Parlamento de Galicia conmemora o seu 40º aniversario. O acto contará coa asistencia dos deputados e deputadas e coas intervencións dos tres grupos parlamentarios con representación na Cámara galega, do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do presidente do Parlamento, Miguel Santalices.

Durante a sesión, conectarase coas dúas sedes provisionais onde estivo instalado o Parlamento de Galicia antes de ser trasladado ao Pazo do Hórreo: o Pazo de Xelmírez, onde se constituíu o 19 de decembro de 1981, e o Pazo de Fonseca, onde permaneceu ata marzo de 1989.

A conmemoración deste aniversario enmárcase na programación especial impulsada pola Cámara para lembrar as catro décadas da Autonomía galega.

Fuente Crtvg.es