Rafa Durán e Javier Varela visitarán os postos ambulantes e os negocios da zona para escoller catro lugares onde deixar os sobres do concurso (23.10 h)
Santiago, 26.07.2021.- O programa ‘Imos de Feira’ desprazarase esta semana ata a beira do río Támega para visitar a vila ourensá de Verín. Famosa polo seu emblemático Entroido, celebra todos os días 3, 11 e 23 de cada mes unha feira que atrae xente de toda a comarca de Monterrei. No programa de hoxe, as súas rúas están a piques de encherse de feirantes e compradores dispostos a aproveitar o día.
Como é habitual, os presentadores do espazo da TVG, Rafa Durán e Javier Varela, visitarán os postos ambulantes e os negocios da zona, para escoller catro lugares en que deixar os sobres do programa. Despois, percorrerán Verín para atopar os aspirantes a concursantes que loiten por conseguir, neste día de feira, ata 300 euros.
Fuente Crtvg.es