A vinganza de Emilio contra César está en marcha en ‘A Estiba’

0
9

Santiago, 24.11.2019.-    No capítulo desta noite de ‘A Estiba’, os espectadores da TVG verán como o cadáver de Silvia apunta directamente ao líder do porto e a comisaria Fortes non ten máis remedio que detelo. Despois de moitos anos, a policía de Ardora colleu o criminal máis buscado, pero aínda así, hai algo que non cadra.

Cruz segue moi atenta ás manobras de Ramiro e sospeita da súa implicación no caso dalgún xeito. Despois de conseguir o parabén de Manuela, Cruz fará o imposible por achegar algunha relación do subinspector no coa morte de Silvia.

Ao mesmo tempo, Antón, o máis pequeno dos irmáns Longueira, coñece todo o mal que fixo Salvador. A pesar das advertencias do seu irmán desde a comisaría, Antón propón un plan para sacar a César do cárcere e darlle un merecido a Salvador, algo que tamén aproba a súa propia nai.

Despois de desfacerse de César e de arruinarlle a vida a Marcos, Emilio está a punto de conseguir o seu obxectivo. Ou iso é o que parece porque Mercedes non vai permitir que o seu marido saia vencedor nesta ocasión, e Ramiro, o fiel seguidor do ex-comisario, tamén garda unha carta gañadora que pode usar contra o seu amo.

Fuente Crtvg.es