A web da CRTVG achégalles aos estudantes o bloque educativo da G2, en emisión simultánea, desde este martes

0
7

Santiago, 23.03.2020.-    A web da CRTVG súmase, desde este martes, á emisión do bloque educativo que está ofrecendo a segunda canle da Galega como apoio os estudantes galegos, mentres os centros escolares permanecen pechados atendendo as restricións para loitar contra o coronavirus. En emisión simultánea coa G2, de luns a venres e entre as 11.00 e as 13.00 horas, os usuarios da páxina web poderán seguir estes contidos desde calquera soporte.

En colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, esta iniciativa, posta en marcha pola G2 este luns, facilita unha variada oferta de programas en áreas tan diversas coma a xeoloxía, a historia, a experimentación ou o mundo animal, e que se irá ampliando con achegas do sistema educativo galego.

Deste xeito, pola web da CRTVG poderanse seguir inicialmente, entre outras, as propostas educativas do programa ‘Xeoclip’, dos espazos de divulgación científica ‘Aquelando tamén quedamos na casa’ e ‘Aquelando’, e as curiosidades do mundo animal que achega ‘Criaturas’.

Fuente Crtvg.es