A web da Radio Galega transmite este martes a final da Copa Galicia de fútbol feminino

0
6

Santiago, 10.06.2019.-  Este martes, a web da Radio Galega ofrece unha edición especial para retransmitir a final da Copa Galicia de fútbol feminino, que se disputa no campo de Vista Alegre, en Ordes.

Desde as oito menos cinco da tarde, os oíntes poderán seguir por radiogalega.gal e a aplicación para o móbil o partido en que se decide o título de campión autonómico. Á final chegan o Deportivo da Coruña e o Friol Club Deportivo Lugo. Os dous cumpriron os obxectivos durante a temporada, xa que o cadro coruñés ascendeu á Superliga e o cadro lucense deu o salto á primeira B. Os dous clubs competiron na segunda nacional e, curiosamente, o Friol Lugo foi quen de empatar en Abegondo no primeiro encontro de Liga e de estar a punto de puntuar tamén no partido da segunda volta. A priori preséntase unha final igualada, aínda que o Deportivo parte  como favorito.

Toni López García dirixe a emisión do especial ‘Galicia en Goles’, coa narración de Andrés Vieites e os comentarios da especialista en fútbol feminino e ex-xogadora Rocío Candal.

A partir das once da noite, o programa nocturno da Radio Galega ‘Ao Contraataque’ falará coas principais protagonistas da final.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here