A ximnasta olímpica Almudena Cid vai troulear esta noite ao ‘Land Rober Tunai Show’ da TVG

0
15

Santiago, 19.01.2023.- O programa ‘Land Rober Tunai Show’ recibe esta noite a deportista Almudena Cid, a única ximnasta rítmica que disputou catro finais olímpicas: Atlanta 1996, Sidney 2000, Atenas 2004 e Beijin 2008, obtendo o diploma na competición da China. Ademais, foi oito veces campioa de España na súa disciplina. Actualmente, dedícase á interpretación e estará trouleando hoxe no espazo do prime time dos xoves. 

O presentador Roberto Vilar porá a invitada a proban no xogo ‘A quen te pareces?’, proba que deixará abraiados os espectadores coas semellanzas que atopen os participantes. E, como non podía ser doutro xeito no espazo de humor da Televisión de Galicia, o público participará do espectáculo en ‘O que máis!’, outra sección xa mítica do ‘Land Rober Tunai Show’. Igualmente, volve a familia de mariscadores máis argalleira. Esta noite Josiño seica marcha da casa. 

Ademais, non faltarán os mellores sketchs e música, unha noite máis, con Eva Iglesias, Miguel Canalejo e José Baño, na Televisión de Galicia. 

Fuente Crtvg.es