A xornada do domingo, a gran protagonista do ‘Galicia en Goles’ da RG, co Girona – Lugo e os partidos de 2ªB

0
11

Santiago, 05.12.2019.-    O domingo é o día grande da fin de semana do ‘Galicia en goles‘. Desde as 11:45 h, o programa deportivo contará o Girona-Lugo, de Segunda División, xunto aos catro partidos dos equipos galegos de Segunda B: Celta B-Oviedo B, Peña Deportiva-Racing de Ferrol, Langreo-Coruxo e Las Palmas Atlético-Pontevedra. O Galicia-Ceuta da Copa das Rexións UEFA e o Obradoiro-Betis, da Liga ACB de baloncesto, completan a sesión matinal.

Desde as 14:45 h, a xornada da tarde estará centrada no Leganés-Celta, de Primeira División, e no Deportivo-Zaragoza, de Segunda División. A partir das 20:30 h, xornalistas e adestradores debaterán no ‘Faladoiro‘ dos resultados dos nosos equipos. O tempo de opinión continuará ás 23:00 h, no ‘Contraataque‘. Estes dous espazos poderán seguirse por ‘streaming’, na web da Radio Galega e aplicación para o móbil.

A programación deportiva da fin de semana tamén presenta outras edicións do ‘Galicia en goles‘. O venres, de 20:30 h a 23:59 h, o programa fará un seguimento ao Parrulo-Osasuna de fútbol sala e resumirá o Galicia-Castela A Mancha da Copa das Rexións UEFA. O sábado, de 15:00 h a 23:00 h, os partidos destacados serán o Breogán-Melilla, da LEB Ouro de baloncesto, e o Cangas-Huesca, da Liga Asobal de balonmán.

O sábado é ademais o día de ‘Convivir deportivo‘. Ás 13:00 h, Alfonso Pardo presenta o traballo do Club Náutico Castrelo de Miño. Á noite, ás 23:00 h, ‘Gas a fondo‘ resumirá a actualidade do motor e ás 23:30 h, Toni López conducirá unha nova entrega de ‘Galicia en Toquio‘, esta semana dedicada aos deportistas premiados na gala da Xunta de Galicia celebrada hai uns días en Lalín.

Todas as emisións deportivas da Radio Galega chegan á audiencia a través da FM, TDT, web Radio Galega e aplicacións como Radioplayer España. 

Fuente Crtvg.es