Alba Navarro e Danni Lamas enfrontaranse esta noite pola permanencia en ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’

0
18

Santiago, 23.07.2020.–   Este xoves chega a cuarta xornada de ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ con moita troula, moito baile e moita música. Os dous concursantes que se enfrontarán pola permanencia neste programa serán Alba Navarro (Satélites) e Danni Lamas (Kubo). A eles sumaranse desta volta Irene Iglesias (Panorama), Kris Somad (Capitol), Ana Paz (Cinema), Fran Castellanos (Saudade), Rita Barreiro (Charleston), David Seara (Finisterre) e Nando Llon (Génesis). Con esta gala, os espectadores coñecerán xa as voces e personalidades de todos os concursantes que arrancaron esta segunda temporada do programa.

Os catro favoritos do xurado e do público serán os que volverán cantar no próximo programa. E para iso non só teñen que defender á perfección o seu tema principal, senón que os concursantes de cada sofá deberán mallar tamén o popurrí conxunto para conseguir puntos extra na clasificación.

Ás marabillosas voces dos concursantes de ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ sumarase esta noite como convidada outra artista excepcional: Eva Iglesias. Xunto con Lucía Pérez e César Romero, abrirá o programa cos temas máis coñecidos de Mecano e, como colofón, o ‘The Best’ de Tina Turner en solitario. O xurado tamén terá o seu momento de gloria, xa que Mon e Ula comprometerán a Pili Pampín para interpretar un tema de Monolius DOP, no que será unha mestura ben xeitosa.

Fuente Crtvg.es