Alba Navarro e Rocío Varela loitarán esta noite por manter o seu trono en ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’

0
1

Santiago, 22.07.2021.-  Na cuarta entrega desta nova temporada de ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’, loitarán por manter o seu trono Alba Navarro, de Los Satélites, e Rocío Varela, da orquestra New York, competindo contra Danni Lamas, de Kubo; José Ángel Albán, da orquestra Capitol, e Rita Barreiro, da Charleston Big Band, a primeira delas, e a segunda, contra Ángel Sevilla, de La Fórmula; Iria Quintáns, de Maremagnum e a xa veterana Ana Paz, da orquestra Cinema.

Será unha noite moi especial, xa que se dará a coñecer o novo tema de Pili Pampín, ‘Gozaremos do verán’, que virá acompañado dunha gran sorpresa para todos os espectadores.

Como cada semana, o xurado composto por Lito Garrido, Lucía Pérez, Pili PampínMon e Ula, do grupo Monouliuos DOP, será o encargado de seguir buscando a mellor voz da verbena galega, aquela capaz de convencer o público de todas as idades.

Fuente Crtvg.es