Álex Ubago e a Banda da Loba presentan esta noite en ‘Bamboleo’ os seus novos traballos discográficos

0
28

Santiago, 10.09.2022.-    ‘Bamboleo’ chega hoxe á Televisión de Galicia, con Xosé Manuel Piñeiro á fronte, con gran variedade musical e moito humor. O cantante Álex Ubago, que leva 20 anos na industria musical, será a estrela convidada da noite. O artista vasco acaba de sacar un gran disco en que fai un repaso pola súa traxectoria e en que se recollen temas como o eterno ‘Sin miedo a nada’ que interpretará en ‘Bamboleo’.

A Banda da Loba, unha estupenda formación de cinco mulleres estará presentando o seu disco ‘Xabón lagarta’ e comentando a súa traxectoria. A festa está asegurada no estudio de ‘Bamboleo’ coa música da orquestra Royal Espectáculo, una formación que chega desde o país veciño, Portugal.

Os colaboradores do programa, Tamara Pérez e Claudio Pan, traerán diferentes xogos para os convidados e Isi arrasará coas súas divertidas historias. Na sección de baile, a parella de campións do mundo de bachata formada por Andrés e Yessica traerá dúas coreografías.

Carlos Díaz, El Chigri, estará no ‘Agora ou Nunca’ cantando o tema ‘Para no ver el final’, de M Clan. En ‘A Jrileira’ competirán o Club Hóckey Albor de Ourense e o Club Arco Trasno de Tomiño. En primeiro lugar, Iván e Andrea cantarán o tema ‘Humanos a Marte’, de Chayanne, e, a continuación, intentarán adiviñar o maior número de intérpretes xunto cos seus colegas.

Finalmente, a proba máis picante do ‘Bamboleo’, ‘A ITV do Amor’, enfrontará a Laura e a súa parella cun participante do público. En xogo hai un gran premio.

Fuente Crtvg.es