Alumnos do IES Melide, galardoados por promover a loita contra a violencia de xénero, visitan a CRTVG

0
10

Santiago, 10.04.2019.–  A CRTVG recibiu hoxe un grupo de escolares do centro IES Melide, como gañadores do concurso co que a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia promoveu a loita contra a violencia de xénero nos colexios galegos de cara ao 25 de novembro. Esta acción pretendeu fomentar a participación cidadá no rexeitamento público e frontal contra a violencia machista e sensibilizar sobre a importancia de valores coma o respecto e a igualdade entre homes e mulleres.

Os asistentes, 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato, obtiveron o primeiro premio na categoría de imaxe gráfica. Neste apartado tamén foi galardoado co primeiro premio o IES Moncho Valcarce das Pontes. O contido das pezas presentadas ao certame, ben imaxes gráficas ou audiovisuais, incluía mensaxes claras e rotundas para xerar a erradicación desta lacra social.

Durante a visita, os alumnos percorreron os edificios da CRTVG, onde coñeceron as redaccións da Televisión de Galicia e da Radio Galega, os controis e estudios. Á súa chegada foron recibidos polo director de Proxección Social da CRTVG, Xaime Arias, e pola coordinadora de Publicidade, María Lozano, quen, en representación dos medios públicos galegos e como membro da Comisión asesora de publicidade non sexista da Secretaría Xeral de Igualdade, formou parte do xurado do concurso.

Fuente: TVG

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here