Ana Peleteiro, Esther Estévez e Rodrigo Paganelli pintarán a mona no ‘Land Rober Tunai Show’ deste xoves

0
37

Santiago, 22.09.2022.-    Este xoves pintará a mona no programa ‘Land Rober Tunai Show’ (22.05 h) a atleta galega Ana Peleteiro. Como vai ser nai dentro duns meses, os espectadores van comprobar se está preparada para ese gran reto.

O espazo da TVG tamén contará coa presenza da parella artística de moda: Esther Estévez e Rodrigo Paganelli, que presentarán os Premios #DígochoEu e as novidades do #ApuntamentoLusófono. Tamén falarán da primeira canción do espazo, ‘Falsos amigos’, que xa acumula máis de 40.000 reproducións nas redes sociais e que xoga con termos en galego e portugués que levan a confusión.

Por se fose pouco, chega unha nova entrega de ‘Teño unha fantasía para ti’, coa tiktoker Paula Jorge. Ademais, volve a ‘Familia de mariscadores’ máis falcatrueira porque Josiño quere ir ao enterro da raíña Isabel II. A audiencia tamén vivirá novas aventuras con Dosinda.

O toque musical virá da man de Killer Barbies, banda encargada da cabeceira nesta novena temporada, que conta co humor de Roberto Vilar, Eva Iglesia, Miguel Canalejo e José Baño.

Fuente Crtvg.es