Andoni Aldekoa, director xeral de EiTB, novo presidente de FORTA

0
12

Santiago, 13.01.2022.- A Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos (FORTA) nomeou este xoves novo presidente da organización o director xeral de Euskal Irrati Telebista (EiTB), Andoni Aldekoa de la Torre, que sucede no cargo a Mar Iglesias (CVMC), que estivo á fronte de FORTA os últimos seis meses.

Andoni Aldekoa é graduado en Radio e Televisión pola Indasco de Bilbao, ten máster en Comunicación Política e Electoral pola Universidade Autónoma de Barcelona e posgrado en Intelixencia Económica e Seguridade polo Icade. Cursou, así mesmo, varios seminarios internacionais de Comunicación Política e Electoral, e Xerencia Política, impartidos por The George Washington University en Washington, Madrid e Barcelona, e obtivo o certificado en ‘Estándares de xestión’, baixo as normas da European Foundation for Quality of Management.

Antes de incorporarse como director xeral de EiTB, Aldekoa desenvolveu a súa carreira profesional como director xeral do Pazo da Música e Congresos Euskalduna Bilbao e como asesor e director de Comunicación de Lehendakaritza do Goberno vasco. Ademais, foi conselleiro delegado adxunto á Alcaldía do Concello de Bilbao, coordinador de Política Económica e Planificación, e director do Gabinete de Alcaldía. Anteriormente, foi tamén director de Informativos da canle Bizkaia Televisión.

Fuente Crtvg.es